Tour Sanxenxo

Sanxenxo é unha das capitais do turismo galego. A súa poboación multiplícase no verán, e o gigantismo urbanístico fai que todo sexa moderno. Ata o boom do turismo non era máis que unha pequena aldea de pescadores, pero a constante chegada de forasteiros transformou totalmente a súa fisonomía, actuando como un imán a súa praia e a súa alegre vida nocturna. A Lanzada, praia de máis de 4 quilómetros, pertence aos concellos do Grove e Xanxenxo e é unha das máis visitadas de Galicia. Ao santuario que se atopa nela acoden as mulleres infecundas, pois antigas lendas confiren ás súas augas a virtude de influír na fertilidade.
O porto de Sanxenxo é eminentemente turístico, ofrecendo posibilidades de fondeo sobre todo para naves de pouco calado. Tamén é utilizado por pequenas embarcacións de pesca que faenan no interior da ría.
De todos os xeitos, o barrio dos pescadores e as aforas de Sanxenxo seguen sendo cómplices de tempos pasados, tal como ocorre con Portonovo, atractivo e próximo núcleo mariñeiro. O tipismo do seu porto convérteo un dos recunchos máis encantadores das Rías Baixas.