A festa de A queima das Fachas de Castelo no municipio de Taboada (Ribeira Sacra Lucense) celébrase na noite do 7 ao 8 de setembro. Coa queima das Fachas ábrense as festas patronais da parroquia de Castelo dedicadas a Santa María. Como prólogo á queima das Fachas @s veciñ@s e amig@s celebran unha cea de confraternidade nas inmediacións do castro de Castelo. A queima desenvólvese no castro de Castelo, onde se celebra desde fai máis de 2.000 anos. Trátase dunha tradición celta da que non se ten constancia escrita, pero si se coñece que se mantivo en época romana, ata o punto de que sobreviviu ata os nosos días. A queima das Fachas, festa declarada de Interese Turístico de Galicia en outubro do 2008, encerra en si toda a simboloxía druída: utiliza o lume para queimar as fachas e o círculo e a planicie sobre o castro colócanse en círculo as Fachas. A función de queima é o que non está tan claro. Podería utilizarse como medio de comunicación con poboacións dos arredores, para dar aos habitantes do castro a posibilidade de ver pola noite cando celebraban algún tipo de reunión ou festa; ou ben como ritual máxico-relixioso. O que si se sabe é que este rito máxico mantense inalterable desde fai milenios. |