O Cebreiro

A Capela do Cebreiro, Século IX. Entramos nun mundo máxico, sensación que se fai máis intensa ao traspasar o albor do santuario. “Cando o romeiro alcanza a divisar o pobo, mística está a súa alma, ingrávido o seu corpo, nota a Deus próximo, esquece ser estraño. ” O Cebreiro é un dos enclaves máis antigos da ruta Xacobea e un dos máis famosos do Camiño. Xurdiu como refuxio de peregrinos no século IX.
O milagre di que no século XIV, un veciño do pobo de Barxamaior, sobe a oír misa ao Cebreiro un día de copiosa nevada. O frade, que era de pouca fe, non aprecia o sacrificio do labrego. Pero, no momento da consagración, a hostia convértese en carne e o viño en sangue. Os Reis Católicos, peregrinos en 1486, coñecen o milagre e doan o relicario que se exhibe xunto ao cáliz no templo.