Santa Mariña de Augas Santas está situada a 6 quilómetros de Allariz , entre os vales do Río Arnoia e o Río do Barbaña.
No ano 1931 foi declarado Monumento Histórico Artístico o contorno da Igrexa de Santa Mariña e no ano 1963 a comarca Conxunto Histórico Artístico. Sta. Mariña de Augas Santas constitúe un atractivo conxunto histórico, artístico e paisaxístico no que se mesturan historia, tradición e lenda.
LENDA
A tradición nace vinculada á existencia e martirio de Mariña, que se resiste aos desexos dun prefecto na Cidade de Armea, chamado Olibrio, que utilizou todo tipo de estratexias para vencer a súa resistencia, incluída a cadea, o xuízo e o castigo. Pero nada deu resultado ante a férrea vontade da moza, nin o látego, nin o diaño en forma de dragón…Condenada a morrer abrasada nun forno próximo, sairá viva grazas a San Pedro que a deixou á beira dun estanque. Finalmente, o prefecto ordenou que lle cortasen a cabeza, que foi tallada dun golpe, pero botou tres veces, manando unha fonte de cada bote. No lugar no que foi enterrada xurdiu un templo, no que ninguén máis foi soterrado.
REALIDADE
Sobre a construción da “Basílica dá Asunción” século XII, pouco se sabe, pero dise que foron os templarios quen comezou a súa construción, pero o misterio escondese debaixo, no “forno” , a construción da igrexa parece indicar que foi un intento de cristianizar un lugar de culto pagán.
O “forno” séculos VIII ou IX , ten varias hipóteses sobre o seu uso, unha é, que é unha sauna da época castrexa, outra é o seu uso como forno de sacrificios relixiosos, e a que máis peso ten é a dun lugar de rito iniciático, polas decoracións da “Pedra Formosa” que fai de porta ao “forno”.
A realidade é que é un lugar que forma un conxunto sumamente máxico, non só polo “forno” e a “basílica” senón tamén pola tumba de Santa Mariña labrada na roca debaixo dun carballo.