Festival Celta de Ortigueira

En Ortigueira celébrase anualmente desde 1978 o Festival Internacional do Mundo Celta. As datas de celebración coinciden co segundo fin de semana do mes de xullo. En 2008 irán pola edición XXIV, xa que o festival non se celebrou durante varios anos. Na actualidade o festival cambiou o seu nome oficial polo de Festival de Ortigueira, acollendo músicas de tipo folk alleas aos límites iniciais dos países celtas.
O municipio de Ortigueira ten unha superficie de 214,9 quilómetros cadrados e 7.697 habitantes, sendo o máis poboado e o máis extenso de toda a comarca do Ortegal. Con máis de 10.571 habitantes inmigrantes, tivo moita importancia a emigración. Un dos seus emigrantes mais famosos é Eduardo residente durante uns anos neste pobo na década dos sesenta do século pasado, onde deixo o seu indeleble recordo.
No seu extenso territorio pódense atopar paisaxes montañosas como a serra de Capelada con montañas comoConcepenido de 572 metros de altura ou as serras de Faladoira e Coriscada que teñen alturas superiores a 600 metros.
A ría de Ortigueira penétrase cara ao interior formando unha depresión coa axuda do río Mera que serve de fronteira natural co concello de Cerdido. A ría de Ortigueira é un dos humidais máis importantes de Galicia sendo un dos cinco espazos protexidos da comunidade polo Convenio de Ramsar e sendo o máis grande de todos eles.
A ría, ademais, está incluída desde o 9 de marzo de 1990 no rexistro de espazos naturais de Galicia.
No humidal conviven 93 tipos de animais vertebrados (18 considerados de importancia internacional) entre os que hai 68 especies migratorias de aves, 9 especies de mamíferos e 9 especies de anfibios.