Portalén (Porta do Alén ou Porta ao máis aló). Atópase en ” O Monte do Seixo ” en Barcia do Seixo, concello de A Lama, Pontevedra. É un lugar considerado sagrado desde moi antigo, encontrandose restos megaliticos por todo o monte. Un dos seus lugares máis máxicos, é o que se coñece como “Portalén”. Neste lugar realizábase o día de defuntos o ritual de comunicación cos mortos. O cal consistía en atravesar o oco hai entre as rocas, e que forma unha porta, a cal, hai que atravesar alén …. onde tense que deixar unha ofrenda. Unha vez feita a ofrenda pregúntase aos mortos aquilo que se quere saber …… e a tradición di que a resposta a traía o vento que batía contra as pedras. Unha vez que se ten a resposta, hai que saír de novo pola porta, para non quedar no mundo dos mortos, e gardar segredo do que alí se escoito.
Máis información no libro: Monte do Seixo. Ou santuario perdido dous celtas, publicado en 2008.