Aquis Querquennis, coñecido popularmente como A Cidá, é un complexo arqueolóxico constituído por: un campamento romano e unha mansión-viaria, situado na parroquia de Baños. O campamento estableceuse no lugar para a construción da Vía XVIII ou Vía Nova, calzada que comunicaba Bracara Augusta e Asturica.