A praia da Lanzada é un dos areais galegos máis coñecidos, atópase no Concello do Grove, e ten unha extensión de 2.7 kms.
Ten concedida a Bandeira Azul e dispón de multitude de servizos.
Localmente dánselle nomes aos seus tramos. A partir da punta da Lanzada, no sur, está Area Gorda; a continuación do illote do Outeiriño ou punta Lapa chámase a praia de Lapa e por último está a praia da Lanzada propiamente dita.
Nas proximidades atópanse a Torre da Lanzada, o Castro da Lanzada e a ermida da Nosa Señora da Lanzada.