A Queimada Popular de Cervo foi declarada en 2001 Festa Galega de Interese Turístico e vai xa a por o seu XXVIII edición. Nesta celebración faise unha representación teatral que cambia anualmente e que sempre ten o mesmo fío argumental: o triunfo do ben sobre o mal. A festa comeza pola noite, coa baixada dos actores desde as Escolas Vellas ata a praza, acompañados co son das gaitas que interpretan o Himno do Antigo Reino de Galicia e iluminados con potes de queimada e con fachos; na praza ten lugar un enfrontamento entre o ben (representado polo Bruxo) e o mal (representado por bruxas, meigas, demos e outros seres malignos do inferno) no que o baile e a música teñen un papel destacado, este enfrontamento acaba co esconxuro, que o bruxo fai do mal e coa repartición gratuíta de litros e litros de queimada.