Santa Eulalia de Boveda · Lugo

Santa Eulalia de Bóveda, é un santuario tardo-romano do século III construído a 14 quilómetros da Antiga Lucus Augusti.  Componse dunha sala de planta rectangular, cunha pequena piscina no centro e cuberta por unha bóveda de canón. No seu exterior, un pequeno atrio con dúas columnas  precede á fachada, na que se abre unha porta con arco de ferradura, tipoloxía que posteriormente adoptarían os visigodos. É o máis antigo arco de ferradura existente na arquitectura española como elemento estrutural, xa que anteriormente só aparecera na decoración dalgúns ronseis romanos. O Santuario está considerado un “unicum”, é dicir, non contamos con outro edificio das mesmas características en todo o territorio ocupado polo Imperio romano.

Máis información:

http://santaeulaliaboveda.blogspot.com.es/

https://www.inspain.org/es/lugo/lugo/santa-eulalia-de-boveda/

https://es.wikipedia.org/wiki/Santa_Eulalia

http://www.canalpatrimonio.com/agua-ritos-secretos-santa-eulalia-de-boveda-lugo/