Melide

Melide ou “Mellid”  é  un importante centro de actividade agropecuaria centrado na gandería do vacún de leite e carne e de gando porcino. O sector forestal cada vez ten máis peso. É famosa pola cantidade de gando e a súa calidade, a feira de gando que ten lugar o último domingo de cada mes. Ata hai uns anos tamén había feira os días 15, pero na actualidade non se celebra.

Outra actividade importante en Mellid constitúea o comercio e a hostalería. A súa localización no Camiño de Santiago supuxo un impulso a estes sectores, onde chegan e desde onde parten centenares de peregrinos vindos de todo o mundo no seu tránsito cara a Santiago.