Tour Coruña

A Coruña está situada no extremo noroccidental de Galicia. O Turismo na Coruña foi en aumento nos últimos anos ata o punto de chegar a recibir 62 cruceiros ao ano. Un dos impulsores deste turismo é o paseo marítimo que bordea toda a cidade. Mide actualmente 9 quilómetros e medirá máis de 13 cando se termine. Existe ademais un tranvía e dun carril bici que o percorre na maior parte do traxecto. Ademais, trátase dun paseo cultural, porque á súa beira situáronse varios museos da cidade como poden ser A Casa do Home ou A Casa dos Peixes. No paseo tamén podemos atopar o Castelo de San Antón, que contén o museo arqueolóxico, ou La Torre de Hércules.
As dúas principais praias da Coruña (Orzán e Riazor) están situadas en pleno corazón da cidade e están bordeadas polo mencionado paseo marítimo. Esta localización convérteas nun gran atractivo para os turistas. Ademais, a cidade dispón doutros areais como a cala de Bens, As Lapas, Adormideras, San Amaro ou a praia de Oza.
HISTORIA
Hai constancia de asentamentos prerromanos como o do Castro de Elviña ou o do Alto de Santa Margarita; é probable tamén a existencia dun castro en Montealto e noutros lugares do concello, como indica a toponimia. A tribo dos ártabros eran os poboadores da zona que comprende a ría de Coruña e a ría de Ferrol ata a chegada do propio Julio César no ano 62 adC. Os romanos chamáronlle Brigantium e crearon nela un porto de bastante importancia como testemuña o faro chamado a Torre de Hércules levantado no século II e que aínda hoxe en día segue en funcionamento, sendo este o único faro romano que queda en pé en todo o mundo.
MUSEOS
O Museo de Belas Artes.
O Museo Arqueolóxico.
A Casa do Home.
A Casa das Ciencias.
O museo de Arte Contemporánea.
Aquarium Finisterrae.
O Museo de Arte Sacra.
O Museo Militar.
Casa Museo María Pita.
Museo dos Reloxos.
Museo da electricidade.
O Museo de Emilia Pardo Bazán.