Ourense é a capital da provincia de Ourense. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como “A cidade das Burgas“ debido á sona das súas famosas fontes de augas termais.
Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Romana, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, e o conxunto do seu casco antigo, en proceso de recuperación.
Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas o visitante pode gozar das augas termais do balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.