Santa María de Corrubedo é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira na comarca do Barbanza.
Nela situase o Cabo de Corrubedo e unha pequena parte do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, que inclúe as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán, que comparte coas parroquias estremeiras de Olveira, Artes e Carreira.
Este parque natural é un sistema de praia-barreira. Logo dun extenso areeiro que conforma a praia, sitúanse as dunas e, tras delas, a lagoa de Carregal e marismas.