Festa da Arribada – Baiona

A Festa da Arribada da Carabela Pinta a Baiona celébrase nesa vila conmemorando a chegada á mesma de Martín Alonso Pinzón na carabela Pinta o 1 de marzo de 1493, trala primeira viaxe de Cristovo Colón a América, cunha escenificación da súa arribada. A festa celébrase o primeiro Sábado e Domingo de Marzo. Está catalogada como festa de Interese Turístico Internacional de España e acolle cada ano unhas 30.000 persoas.

Galicia360