Faro Illa Pancha – Ribadeo

Illa Pancha é unha illa situada na Provincia de Lugo , na costa do municipio de Ribadeo . Mide 1?1 hectáreas e é de orografía moi escarpada e recortada, aínda que de cima chaira, onde está instalado un importante faro construído en 1857. Está unida a terra firme por un estreito punte de metal aproveitado por unha ruta de sendeirismo, que conta na illa cun dos seus principais miradoiros. Está cuberta de vexetación herbácea. Recentemente construíuse un miradoiro de madeira desde o que se pode ver a Illa e a ría de Ribadeo.
O faro atópase na illa que lle dá nome, situada na marxe occidental da ría de Ribadeo, flanqueándoa polo noroeste.