O Monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota. forma parte da Rede Natura 2000. Os seus bolos de granito inspiraron as historias e lendas locais de deidades, esculturas, ou monstros e xigantes míticos. Algunhas versan sobre do río Xallas, xa que a súa fervenza do Ézaro tira as súas augas directamente sobre a auga salgada do mar. Neste monte atopáronse restos arqueolóxicos, coma petróglifos, útiles de bronce e restos dunha antiga ermida.