Fisterra

O seu nome procede do latín finis terrae, fin da terra; e punto final tamén do Camiño de Santiago. A singularidade xeográfica de Fisterra cativou desde antigo a multitude de persoas que anhelaban asomar ao cabo do mundo, onde a terra acaba e o mar comeza ou polo menos así o creron as lexións romanas ao contemplar o afundimento do sol nas súas augas.
Antigos xeógrafos grecorromanos sitúan aquí o Promontorium Nerium e o Ara Solis, o altar de culto ao sol. A singularidade de Fisterra xorde das moitas lendas que envolven a estas terras, nas que se entrelazan temas relixiosos, marítimos e elementos pétreos. Entre elas destacan a do Ara Solis, Ermida de San Guillerme, Orca Vella, Pedras Santas, Santo Cristo de Fisterra e a Cidade de Dugium entre outras. Grazas á memoria das xentes deste lugar, estas lendas seguen vivas, cativando, xunto ás marabillosas vistas que Fisterra posúe, a todo aquel que se asoma a visitar o Fin do Mundo.