Proxecto

Benvido viaxante !!

O proxecto Galicia360 comezou no ano 2001 coa intención de ofrecer ao mundo a posibilidade de ver toda Galicia usando a tecnoloxía da fotografía en 360 graos, permitindo o espectador a posibilidade de ver os lugares máis emblemáticos, percorrer a costa, subir as súas montañas, coñecer as cidades, os seus lugares máxicos, vivir as súas festas e somerxerte nos seus frondosos vales.

A web na súa primeira etapa foi pioneira en fotografía panorámica en Galicia e en España, conseguindo o premio á mellor web de Turismo de Galicia en 2002. E hoxe en día é un referente en fotografía panorámica, sendo coa actualización realizada no 2017 a primeira web en ofrecer un visor VR xa compatible co as gafas de realidade virtual, e permitindo ver tanto fotografías 360VR de alta calidade, coma Video360 inmersivo.

Galicia360 é un proxecto desenvolvido polo estudio de fotografía e multimedia FOTOPAMORAMA

Podes subscribirte á web por Facebook, Twitter , Google + , e recibirás as últimas novidades.

boa viaxe!!