Cabo Prioriño

O faro de Prioriño  atópase situado na entrada da ría de Ferrol no extremo occidental, na costa norte da ría. Pronto se viu que non alumaba ben a boca, polo que houbo de situarse unha pequena luz na punta do Segaño, quedando este como luz de costa. De 4º orde e luz fixa variada por escintileos vermellos de 2 en 2´, tiña un aparello Letourneau de 500 mm, gran modelo, e unha lámpada moderadora atendida por dúas torreros, acendéndose por primeira vez o día 10 de Xullo de 1854. o seu plano focal estaba situado a 5 m de altura sobre o terreo e 27 sobre o mar e a primeira modificación que tivo foi a colocación dunha lámpada Maris dunha mecha.
En 1904 fíxaselle unha nova aparencia de luz branca con ocultacións alternadas de 2+1. O enxeñeiro Rafael da Porca realiza en 1918, un primeiro proxecto para cambiar a instalación pola de acetileno con destellador AGA de chama espida que daría a característica de 3 escintileos brancos cada 9?. Aproveitaba a parte fixa do antigo aparello óptico colocándolle un basamento con flotador de mercurio e pantallas interiores á óptica e un xerador de acetileno modelo industrial da casa Carburos metálicos, para fabricar alli mesmo o gas para partir do carburo de calcio. Contratada e recibida a reforma do aparello reformúlase a cuestión decidíndose definitivamente por automatizalo e instalar un destellador AGA con quemador de 25 l, válvula solar e batería de acumuladores. Esta reforma supuxo a supresión do persoal e queda agregado, o servizo, ao do balizamento do porto de Ferrol.