Chámase Cigarrón á máscara característica do entroido de Verín, provincia de Ourense. A máscara vai co rostro cuberto coa careta de madeira pintada de cores llamantivos, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo de animais ou astros león, lobo, vaca, boi. Detrás leva unha pelica (pel) de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo, por este motivo chámanse peliqueiro en Laza.