Torre de San Sadurniño – Cambados

A Torre de San Sadurniño encóntrase nunha pequena illa con forma de triángulo irregular fronte á actual zona urbana de Cambados.

Caamaño Bournacell sinala que a fortificación foi construída na época do bispo compostelán Sisnando, na segunda metade do século X. Con posterioridade a vila e a fortificación foron mercadas polo arcebispo de Santiago Diego Xelmírez no século XII, que ordenou restaurar a fortificación. No século seguinte pasou por aforamento a ser feudo de Pai Gómez Chariño, que reconstruíu a torre e a fortificación.

Finalmente a fortificación foi destruída entre 1466 a 1470 durante as revoltas irmandiñas.