Castro Candaz

Castro Candaz son os restos dun poboado castrexo e fortaleza medieval, situados entre as desembocaduras do río da Lama e o río Miño, na parroquia de Pedrafita (Chantada). Actualmente está asolagado polas augas do encoro de Belesar, so visitable cando o caudal do encoro baixa.

Segundo o memorial nobiliario da casa de Camba, o Castro Candaz foi fundado polo cónsul romano Lucio Cambero, destinado en Lugo e vinculado familiarmente aos “montañeses de Galicia”, que loitaría xunto coa tribo dos aunonenses fronte a dúas lexións romanas mandadas polo emperador Traxano. Trala derrota, Lucio Cambero retírase ao castro.

Segundo Formoso Lamas, durante a segunda vaga de invasións normandas, estes superaron o Monte Faro e chegaron até Chantada, onde se erguera unha empalizada (Plantata). Tras arrasaren coa vila, os viquingos seguiron avanzando e os nobres da vila refuxiáronse en Castro Candaz, custodiado pola familia dos Erice ou Eriz. onde recibiron a axuda das tropas do rei Ramiro I de Asturias.

Durante a idade media posiblemente o castro estivo vinculado a algún tipo de porto que atravesara o Miño por esta banda. wiki

 

Galicia360