Mostra do Encaixe de Camariñas

Desde 1981, cada Semana Santa celébrase “A Mostra do Encaixe de Camariñas”, certame comercial e cultural de ámbito internacional, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.
Este evento conseguiu dinamizar o sector do encaixe, propiciando o uso dos “Encaixes de Camariñas”, non só no ajuar doméstico, así como a súa introdución definitiva no sector da moda. Foron e van seguir sendo os desfiles de “Grandes Deseñadores” e o “Concurso de Novos Deseñadores” os que aposten por tal fin. Dentro do recinto feiral, o visitante, entre outras actividades, atoparase con exposicións, demostracións en directo e venda de encaixe elaborado en diversas partes do mundo.

Galicia360