Fervenza do Ézaro

A Fervenza do Ézaro, no río Xallas, é a única fervenza da Europa continental que desemboca directamente ao océano. O desnivel do último tramo do río Xallas é de 155 metros, precipitándose a auga 40 metros de altura monte abaixo ata golpear as paredes do canón situado ao pé do Monte Pindo.
A fervenza pode verse todos os días do ano; os 365 días e durante as 24 horas. O único horario en vigor é o de iluminación, os sábados e as vésperas de festivos comprendidos entre o 21 de xuño e o 21 de setembro a fervenza está iluminada de 23:00 a 00:00h

IMAXESdaTERRA - Fotografía artística de Galicia