Ferrol, é unha cidade eminentemente marítima, polas súas actividades pesqueiras, os estaleiros, o peirao ou as praias. A zona metropolitana do Ferrol, coñecida como Ferrolterra, engloba as comarcas do Ferrol, Eume e Ortegal cos seus concellos do interior e a costa, e é unha das áreas de poboación dispersa máis poboadas de Galicia. Poboación é de 77.000 habitantes aproximadamente (INE 2005). Sendo de 210.000 a da zona metropolitana.
A Ría do Ferrol, onde desemboca o río Grande de Xuvia, sitúase entre os cabos Prioriño e Segaño, protexida dos ventos e os temporais polos montes Ventoso e Faro. Xunto ás rías da Coruña, Betanzos e Ares conforma o golfo Ártabro, nome herdado da época romana. Ferrol desempeñou, e desempeña, un papel importante na historia de España e as que foron as súas posesións de Ultramar, papel que lle concedeu a súa posición de ser o porto militar máis importante da península durante séculos.