Eira da Ermida · Cerdedo

No Concello de Cerdedo atópase a aldea de Filgueira (Santa Baia) onde esta situada a coñecida como “Eira da Ermida” que é unha agrupación de 21 hórreos na “Eira” ou praza situada en fronte da Igrexa parroquial. A función principal dos hórreos é a almacenaxe e secado do millo, o cal esixe unha boa ventilación, unha favorable protección da humidade e un sistema de defensa contra os ratos e paxaros.