Praia do Rostro

A Praia do Rostro, de 2 quilómetros de longo, ten unha lenda…. que conta, que debaixo das súas areas atópase a mítica cidade de “Dugium”, fundada polos Nerios e que sucumbiu hai moitos séculos baixo unha enorme onda, nun apocalíptico temporal.
Pero o motivo desta foto non é ensinar esta cidade, se non, o barco que acaba de aparecer froito dun apocalíptico temporal tamén, o cal retirou a area da praia, e deixou ao descuberto un barco que naufrago en 1927. O “Silva Gouveia” , fabricado en Gran Bretaña en 1906 e con máis de sesenta metros de longo, era propiedade da Sociedade Xeral de Comercio Industria e Transporte de Lisboa, e canto se afundiu levaba un cargamento de azucre.
Por iso que a lenda da cidade de “Dugium” calquera día transfórmase en realidade … e reaparece despois doutro apocalíptico temporal.