Semana Santa de Viveiro

A Semana Santa en Viveiro é unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia que se realiza de modo ininterrompido desde o século XIII. Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Jesús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías.
Os actos centrais da Semana Santa dan comezo o Venres de Dores e a súa celebración prolóngase durante máis dunha semana, finalizando o Domingo de Resurrección. Nela participan un total de oito Confrarías e Irmandades que compoñen a Xunta de Confrarías, encargada de coordinar os diferentes actos e desfiles procesionais que representan a Paixón de Cristo.

IMAXESdaTERRA - Fotografía artística de Galicia