Capela de San Sebastián da Toxa

A Capela de San Sebastián ou Capela das Conchas, Posúe unha característica ermida consagrada a San Sebastián, cuxa planta orixinal data do século XII, recuberta hoxe completamente de cunchas de vieira nas que a xente adoita deixar escrito o seu nome, por máis que os carteis colocados ante a capela insisten en que non se trata de tradición ningunha.

A Illa da Toxa é unha pequena illa situada na Ría de Arousa, dentro das Rías Baixas, pertencente ao Concello do Grove e situada a uns 30 km de Pontevedra. Desde hai anos boa parte da illa esta enfocada cara ao turismo con distintos complexos hostaleiros, bloques de apartamentos, campo de golf, numeroso comercios e un casino.