Monte de San Bartolo · Vimianzo

O Sol saúdanos desde o alto do Monte de San Bartolo , que cos seus 408 metros sobre o nivel do mar, permite ter unhas estupendas vistas de todo o val de Vimianzo, Val de Salto, e toda a zona de Terra de Soneira.
Na súa cima son números os penedos de granito de caprichosas formas, que fan pensar nun culto megalítico anterior ao cristián, como tantos lugares máxicos de Galicia. A súa capela data de 1681, e nela celébrase o día de San Bartolo o 24 de Agosto, cunha gran romaría con música e boa comida.

IMAXESdaTERRA - Fotografía artística de Galicia