O monumento é obra do escultor Enrique Saavedra, e está composto dun gran catalexo, de 14,5 metros de longo e 3.500 quilos de peso elaborado en aceiro corten, que ten unha lixeira mestura de cobre. «Isto dálle un efecto de óxido que impide que sufra as agresións do medio ambiente». E dá pistas sobre o que simboliza o monumento, completado por unha gran cadeira de aceiro inoxidable á que é obrigatorio subirse para asomarse ao catalejo, e ao que mostra: unha metade de mar e unha metade de ceo. En resumo: o horizonte.