Entroido de Manzaneda

O  “folión” de Manzaneda é espectacular polo seu ritmo compasado e ininterrompido. Son característicos os seus gorros engarzados con cintas de cores e as súas danzas de orixe arcaica. O gran folión ten lugar o Martes de Entroido, que é festa local, cando se xuntan na vila os foliones de todas as parroquias formando un impresionante estrondo. Acaba sempre cunha comida popular a base de porco: chourizos, a comida típica destas datas en Galicia.

Galicia360