Termas do Muiño

Situado en plena canle do río Miño, trátase dun conxunto termal ao aire libre ao pé dun antigo muíño en madeira  totalmente restaurado, do cal toma o nome. O espazo de baño está rodeado dunha ampla zona recreativa integrada na natureza. O conxunto fórmano cinco piscinas: un vaso principal de 200 m2, un segundo de 130 m2 e outros dous máis pequenos de 55 e 45 m2, ademais dun vaso de auga fría para baños de contraste. A auga de baño rolda aquí os 40ºC. Todo o recinto está alimentado por varias surgencias manando a temperaturas de entre 65 e 72ºC, algunhas das máis quentes da Península.