Ermida da Nosa Señora da Lanzada

A Ermida da Nosa Señora da Lanzada é unha pequena capela situada na parroquia de Noalla, en Sanxenxo, construída no século XII en estilo románico tardío. Aséntase sobre o extremo máis occidental dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada e á beira do castro da Lanzada.

O lugar, antes illa e hoxe istmo, estivo habitado dende tempos remotos, testemuño disto son os innumerábeis restos achados tanto no antigo poboado castrexo coma na necrópole que se atopa nas inmediacións con numerosos restos romanos. No lugar atopábase presuntamente un faro fenicio ou quizais romano.

A capela románica construíuse sobre os restos dunha outra igrexa máis antiga ligada á fortaleza construída no século X para defender, xunta as Torres do Oeste en Catoira e ás de Cambados, as terras de Santiago de Compostela dos invasores viquingos e normandos.

O lugar foi máis adiante de batallas entre Dona Urraca e o arcebispo Diego Xelmírez até quen o século XIII foi destruída polos árabes. Posteriormente foi reconstruída máis robustamente. Xa no século XV foi seriamente danada polas revoltas Irmandiñas. Por fin no século XVI ficou definitivamente abandonada. Actualmente só se conserva os restos dunha das torres e mais a ermida.