DOLMEN FORNELA DOS MOUROS, LAXE

A Fornela dos Mouros ou dolmen de Aprazadoiro é un monumento megalítico situado na parroquia de Nande, no concello de Laxe. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Data de entre o 2500 e o 2000 a. de C. Presenta planta rectangular e está ergueito por tres lousas verticais cunha horizontal a modo de cuberta. Ten 1,35 metros de alto e 2,57 metros de largo. A pedra da cuberta mide 2,70 metros.