O Faro de Punta Nariga , esta en funcionamento desde 1997, foi deseñado polo arquitecto César Portela. Representa un barco de pedra que nos introduce no mar. O faro é un precioso barco de granito que se fusiona perfectamente coa costa rochosa da contorna.
Como mascarón de proa, situase un atlante do escultor Manolo Coia que reta ao furioso mar. Desde a borda deste singular barco vese o inmenso océano, situandose á esquerda a zona do Roncudo en Corme e á dereita as Illas Sisargas.
Chégase Desde A Coruña pola N-552 ata antes de Malpica onde se toma o desvío á Ermida de San Adrián.