Mirador de Cabezoás – Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra é unha zona que comprende as ribeiras do río Sil e do Miño. Na zona sur da provincia de Lugo e o norte da provincia de Orense. O topónimo “Ribeira Sacra” podería proceder da Idade Media,  e nun principio  pensouse que a orixe da súa denominación estaría no latín “Rivoira Sacrata” e que podería responder á gran cantidade de mosteiros e templos situados nos monumentais canóns e escarpadas abas que marcan a zona. Actualmente pódense visitar 18 mosteiros nos que cabe destacar o recentemente creado Parador de San Estevo de Ribas de Sil, no Concello deNogueira de Ramuín (Ourense), e o de Monforte de Lemos (a maior parte do tramo do Canón discorre no concello de Pantón na provincia de Lugo).