A Festa do Monte de Santa Trega, coñecida coloquialmente como Festa do Monte, é unha festa popular galega que se celebra a segunda fin de semana de cada mes de agosto no Monte de Santa Trega.
No ano 1912 creouse na Guarda a Sociedade Pro-Monte de Santa Trega, entre cuxos fins estaban os de revitalizar as celebracións relixiosas da ermida, reforestar as abas do monte, embelecer a contorna e construír unha nova estrada de acceso ao mesmo. Oxe en día destaca a romaría das bandas mariñeiras até cumio do monte, espantando os maos augurios cos seus grandes bombos. Unha vez acadan o curuto, grupos de amigos e familiares procuran un sitio sombrizo onde xantaren e pasaren a xornada. Xa á noitiña, os participantes regresan á vila da Guarda. Á noite celébrase unha verbena.
Na segunda semana do mes de agosto celébrase a Festa do Monte, no monte de Santa Tegra. Durante a semana de duración levan a cabo numerosos eventos deportivos e culturais.
Festa declarada de Interese Turístico de Galicia en 2009.
Data celebración: Segunda semana de Agosto