Miliario Romano

Na antiga Roma a milla romana equivalía á distancia percorrida con mil pasos. Para os romanos, un paso equivalía a dous pasos dos actuais, xa que consideraban o paso como un ciclo completo: a distancia percorrida por un dos pés despois de apoiarse no pé oposto. A milla romana (milia passum en latín) equivalía a 5.000 pés e 1.481 metros aproximadamente.

En A Ponte Nova en Lobios -Ourense, en plena Serra do Xúres hai un museo ao aire libre de miliarios, está situado na vía romana, a Vía XVIII ou tamén chamada Geria, a cal unía as importantes cidades de Braga en Portugal (Bracara Augusta) e Astorga en España (Asturica Augusta) nunha distancia total dunhas 215 millas romanas.