Termas de Outariz

As Termas de Outariz son tres pozas de auga termal e unha cuarta de auga fría, situadas todas elas na beira dereita do río Miño, nunha contorna de 3.000 metros cadrados de zona verde.  A instalación é de uso aberto e gratuíto. Un tren que sae diariamente cada 60 minutos da Praza Maior desde as 10 ás 20 horas, une desde onte a cidade con este novo recinto termal de Outariz. Este fin de semana tamén será gratuíto.