O Semáforo de Bares é unha antiga base da mariña española cuxa función principal era o control do tráfico marítimo a través de bandeiras, aínda que tamén era unha base metereológica e de telégrafos.
Actualmente o Semáforo de Bares converteuse nun estupendo hotel rural de dúas estrelas, o Hotel Semáforo de Bares que pode presumir de ser o aloxamento máis ao norte da Península Ibérica e de ser un establecemento que quen o visite gozará das súas vistas e contorna espectacular.