Museo da Salazón do Grove

Desde finais do s.XVIII  ata mediados do s.XX foi un importante asentamento da industria de salgadura da sardiña. Podense visitar dúas das antigas fábricas, e coñecer o proceso para conservar a sardiña antigamente, e tamén o proceso utilizado a partir do ano 1931  na que xa contaban cun embarcadoiro para a pasaxe de mercadorías. Ademais, neste centro tamén podemos atopar información sobre a pesca e o marisqueo da zona, a carpintería empregada na ribeira, os motores mariños e o primeiro instrumental electrónico utilizado, as posibilidades de conservas herméticas, sobre redes e cordelería, etc