Festas da Virxen da Guadalupe

A Guadalupe é unha festa que se celebra en Rianxo durante a segunda semana de Setembro en honra da súa Virxe Moreniña. As festas duran unha semana e o venres, coincidindo co último día das festas cántase A Rianxeira ! , canción dedicada a esta Virxe, e que recolle esta panorámica. Destaca tamén a procesión marítima que se celebra o Domingo, na que se pasea a imaxe da Virxe pola Ría de Arousa acompañada por unha comitiva de barcos engalanados.