Bateas – Ría de Arosa

O método tradicional de produción de mexillón en Galicia é o cultivo en batea. Este sistema é o de mellor rendemento dos coñecidos, e as 240.000 toneladas de mexillón comercializados anualmente en Galicia supoñen máis da metade da produción mundial por cultivos deste molusco.

Aínda que o cultivo do mexillón en bateas comezouse a utilizar en Galicia na Ría de Arousa en 1946 e foise modificando progresivamente ata que na actualidade o emparrillado, semellante ao dos viveiros fixos, é de vigas de eucalipto e os flotadores son grandes bidóns de ferro recuberto de poliester. Este sistema de cultivo tivo un rápido desenvolvemento que levou á presenza actual de 3.377 bateas de mexillón nas rías galegas.